Sunday 28 de April de 2024

Mañá inaugúrase a XXVIII edición de Alfaroleiros


O parque Luís Seoane de Santa Cruz acollerá o acto de inauguración da XXVIII edición de Alfaroleiros mañá mércores, ás 12:30 horas. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidirá o acto ao que tamén asistirán representantes da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia, alcaldes de varios municipios e representantes de Abanca.

A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos. O horario de exposición e venda será de 10:00 a 22:00 horas.

Agárdase que un ano máis sexan centos as persoas que visiten Santa Cruz e outras localidades do municipio con motivo desta feira, que ademais da olería ofrece unha ampla programación de actividades culturais e de ocio, dirixidas a todos os públicos, que supoñen un importante reclamo.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES: http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?uuid=618d3feb-603f-41d6-869d-45f406a04eb8&groupId=12702